Baltar defende a autónomos e Pemes como “os protagonistas da reactivación económica”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Marisol Novoa, e co secretario xeral desta entidade, Jaime Pereira, para valorar as consecuencias do arquivo do procedemento iniciado por requerimento verbal de Rodríguez Villarino contra as axudas da Deputación a autónomos e Pemes da provincia de Ourense, celebrando que todas estas medidas adoptadas en favor das familias e da economía ourensá “se axustaran a legalidade, para celebrar tamén que Rodríguez Villarino non conseguir o seu obxectivo: atacar a economía das familias e das persoas da provincia”, afirma Manuel Baltar.

O presidente do goberno provincial reitera “o noso máis firme compromiso co empresariado, cos autónomos, co emprendemento e coas Pemes do territorio, que van ser, sen dúbida, protagonistas da reactivación social económica nesta situación poscovid”, e lembrou: “Continuaremos coa alianza que vimos mantendo coa Confederación Empresarial de Ourense desde sempre, reforzándoa nos próximos meses e nos próximos anos porque da man dos empresarios a riqueza e a xeración de emprego van ter cifras e datos positivos na nosa provincia”, destaca Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente defende que Deputación de Ourense e CEO “somos aliados estratéxicos, interésanos o mesmo territorio, servimos aos veciños da provincia, e temos un obxectivo que o benestar de Ourense, e todo iso acádase cun forte compromiso empresarial, xerando riqueza e emprego”.