A ‘II Carreira do Pulpo’ anima este domingo á práctica deportiva de xoves e maiores no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Praza da Veracruz será o punto de saída e meta da segunda edición da ‘Carreira do Pulpo’, organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración do Ximnasio Kórpore, e que se celebra este vindeiro domingo, 12 de xullo. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e a xerente do centro deportivo, Rebeca Amil.

A competición está aberta á participación de tódalas idades e a inscrición é gratuíta en sportmaniacs e saudeter live, e consistirá na proba de 10 quilómetros xa incluída na primeira edición e tamén haberá outra nova de 5 quilómetros, ambas con saída ás 10,00 horas e cun percorrido pola contorna do río Arenteiro e o Parque Municipal, mentres para as 11,30 horas está prevista a saída da proba de 2 quilómetros para cativos polo casco urbano da vila.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha vez rematado este programa de atletismo, os participantes terán acceso gratuíto ao recinto das piscinas municipais, onde as monitoras do Ximnasio Kórpore impartirán unhas sesións de zumba, aquaxim e ioga a fin de tonificar e relaxar os músculos tra-las carreiras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------