Luis Menor respalda o pacto de PSOE e PP no goberno local do Carballiño fronte “á xente que nega o evidente”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://www.facebook.com/share/r/1CYvJAnH4Z

O presidente da Deputación Provincial e do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, valorou hoxe o traballo desenvolto ata o de agora polo equipo de goberno do Concello do Carballiño, integrado por PSdeG-PSOE e PP. Nunha visita realizada ás obras xa rematadas de acondicionamento do pavillón polideportivo Paco Chao, Luis Menor transmitíu os seus “ánimos” ao grupo de goberno e manifestou que “produto da situación política e do acordo que hai aquí, hai xente que nega o evidente”.

O presidente provincial engadíu que “o evidente é que hai un goberno municipal unido traballando polo Carballiño, e hai administracións comprometidas co goberno do Carballiño que fan moitas cousas”. Ao respecto, Menor apuntou que os investimentos da Deputación sextuplicaranse no actual mandato, “ao pasar dos 500.000 a superar os 3 millóns de euros”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------