Seis concellos do Ribeiro e Carballiño beneficiáronse das axudas da Xunta para infraestruturas turísticas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Carballeda de Valdeorras para, acompañado da súa alcaldesa, María del Carmen González,  supervisar o estado das obras para o embelecemento da contorna de afección ao Camiño de Inverno mediante a retirada de contenedores e residuos, nas que a Axencia de Turismo de Galicia achegou 30.000 euros, ao abeiro da orde de axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas en municipios de ata  10.000 habitantes.

Durante a súa visita, o delegado territorial subliñou que na última resolución destas achegas, a Xunta destinou preto de 920.000 euros a 31 concellos da provincia de Ourense co fin de impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rurais, e, ao mesmo tempo, promover a diversificación turística polo territorio da comunidade. Nesta liña, detallou que os municipios beneficiados por esta liña de subvencións foron Esgos,  Xunqueira de Espadanedo, Verea, Maside, Oímbra, Bande, Vilar de Barrio, O Bolo,  Allariz, Arnoia, Larouco, Sandiás, Cualedro,  Muíños,  Lobios, A Peroxa, Castrelo do Val, A Merca, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Leiro, Petín, Vilariño de Conso, Ribadavia, Melón, Lobeira, Montederramo, Castrelo de Miño, Cartelle e A Gudiña.

Esta orde, dotada de 2 millóns de euros, procura -segundo Manuel Pardo- a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------