A Deputación de Ourense destina máis de 2,3 millóns a programas de emprego e mocidade

Pleno ordinario da Deputación Ourense correspondente ó mes de Outubro de 2020. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Armando Ojea Bouzo (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).

O pleno aprobou hoxe as bases do Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade, cun orzamento de 1.830.000 euros, e o Programa provincial de mocidade, orzamentado en 549.000 euros  

Publicidade

A corporación aprobou tamén as bases do programa para limpeza de marxes de redes viarias municipais e provinciais, para o que se destinan 350.000 euros  

O pleno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria correspondente ao mes de outubro de 2020, aprobou hoxe destinar máis de 2,3 millóns de euros para o desenvolvemento de programas provinciais de emprego e mocidade ao longo do ano 2021, e en materia de infraestruturas o plenario acordou destinar un total de 350.000 euros para o programa de limpeza de marxes viarias das redes municipais e provinciais. 

No que atinxe ás bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade, o orzamento para esta iniciativa ascende a 1.830.000 euros e a finalidade é contribuír ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da entidade local menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de contratos ou nomeamentos. Poderán obter subvención os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario interino ou subscriban contratos administrativos, típicos ou especiais, con persoas físicas suxeitas ao réxime de autónomos, para a realización de actividades da súa competencia durante o exercicio 2021.  

En canto ás bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para 2021, o orzamento ascende a 549.000 euros. A finalidade deste programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a entidade local menor de Berán en prol da mocidade. Poderán obter subvención os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e a entidade local menor de Berán, cando desenvolvan actividades en prol da mocidade durante o exercicio 2021. Terán a consideración de gastos subvencionables todos os que, tendo este carácter conforme coa lexislación vixente en materia de subvencións, financien as anteditas actividades, sempre que fosen autorizados a partir do 1 de xaneiro de 2021. 

Tendo en conta as dificultades económicas que poden atravesar os concellos no exercicio 2021 como consecuencia da loita contra a pandemia do COVID-19, no presente exercicio permitirase, de forma excepcional, que os concellos poidan utilizar a dotación económica deste programa naquilo que consideren máis urxente e necesario, excluíndo gastos de retribucións, axudas de custo e asistencias de cargos representativos ou de designación política e dos gastos de servizos que se atopen total ou parcialmente financiados con achegas da Deputación Provincial diferentes ás previstas nas bases. 

A totalidade dos acordos do pleno foros os seguintes: 

Dación de conta da variación producida no grupo provincial de democracia ourensana (DO) 

Acordo: 

1º. Tomar coñecemento do pase á condición de membro non adscrito do deputado provincial José Miguel Caride Domínguez. 

2º. Tomar coñecemento da modificación da composición do grupo provincial de Democracia Ourensana, que pasa a estar integrado polo deputado provincial Armando Ojea Bouzo. 

3º. Modificar o acordo plenario de composición das comisións informativas provinciais, as cales pasarían a ter 12 membros (5 PP, 3 PS de G-PSOE, 1 DO, 1 BNG, 1 CS e 1 non adscrito). 

4º. Modificar a Base núm. 67 das de execución do Orzamento de 2020 e de 2021, relativo ás retribucións e indemnizacións dos membros da corporación, en particular no relativo ao persoal eventual ao servizo do grupo (DO deixaría de dispor do posto de asesor técnico), con data de efectos á da toma de coñecemento polo pleno provincial do indicado nos puntos 1º e 2º do presente informe. 

Modificación do acordo de creación e composición das comisións informativas permanentes 

Acordo: 

Modificar a composición das comisións informativas permanentes, de tal xeito que cada comisión estará integrada por cinco (5) representantes do Grupo Popular, tres (3) representantes do Grupo Socialista, un (1) de Democracia Orensana, un (1) representante do BNG, unha (1) de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía, e (1) membro non adscrito. 

Modificación base 67ª, apartado d). Retribucións e indemnizacións dos membros da corporación da Deputación de Ourense para 2020 

Acordo: 

Primeiro.- Aprobar inicialmente a modificación da Base 67ª, no apartado d) das de execución dos orzamentos provinciais para os exercicios 2020, no seguinte sentido: Onde di “O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun asesor técnico e un administrativo”, pasa a dicir: “O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun administrativo”. 

Segundo.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. 

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se 

presentasen reclamacións, tendo efectos dende o 1 de novembro de 2020. 

Modificación base 67ª, apartado d). Retribucións e indemnizacións dos membros da corporación da Deputación de Ourense para 2021 

Acordo: 

Primeiro.- Aprobar inicialmente a modificación da Base 67 ª, no apartado d) das de execución dos orzamentos provinciais para o exercicio 2021, no seguinte sentido: Onde di “O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun asesor técnico e un administrativo”, pasa a dicir: “O Grupo de Democracia Ourensana disporá dun administrativo”. 

Segundo.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. 

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións, tendo efectos dende o 1 de novembro de 2020. 

Aprobación inicial do orzamento para o exercicio 2021 do Consorcio Provincial de 

Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento 

Acordo: 

1º.- Aprobar inicialmente o orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento para o exercicio 2021, conforme co proxecto aprobado polo pleno do Consorcio o 24 de setembro de 2020, por importe de 4.311.000,00 €. 

O dito orzamento intégrase no orzamento xeral da Deputación Provincial para todos os efectos. 

2º.- Someter a exposición pública o orzamento inicialmente aprobado polo prazo de 15 días hábiles, mediante anuncio no BOP. Durante o dito prazo os interesados poderán presentar reclamacións ante o Pleno nos termos previstos no artigo 170 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. O orzamento do Consorcio considerarase definitivamente aprobado se durante o dito prazo non se presentan reclamacións; en caso contrario o Pleno da Deputación disporá dun prazo dun mes para resolvelas. 

Unha vez aprobado definitivamente o orzamento do Consorcio inserirase, resumido por 

capítulos, no BOP, entrando en vigor no exercicio 2021. 

Expediente de modificación das bases de execución do orzamento do exercicio 2020, n.º 6/2020 

Acordo: 

1º.- Aprobar inicialmente modificación n.º 6/2020 das bases de execución do orzamento, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando a seguinte variación cualitativa: 

a) Nos orzamentos da Deputación para o exercicio 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 450.12.762.01 “Cooperación Provincial. A Concellos subvencións”, prevíase 

unha subvención nominativa ao concello de Xunqueira de Espadanedo para “Mellora da rúa Vázquez Portomeñe”. Baseándose na solicitude presentada polo alcalde o 21 de setembro de 2020 con entrada no rexistro electrónico da Deputación o mesmo dia, proponse o cambio da finalidade da subvención pasando a ser o de ” Reparación e consolidación do muro de contención do Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo ” por importe de 42.300,00 €. 

b) Nos orzamentos da Deputación para o exercicio 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 450.12.762.01 “Cooperación Provincial. A Concellos subvencións”, prevíase 

unha subvención nominativa ao concello de Esgos para “Biblioteca municipal e aula infantil do Concello de Esgos” por importe de 47.000,00 €. Baseándose na solicitude presentada polo alcalde o 29 de setembro de 2020 con entrada no rexistro electrónico da Deputación o mesmo día , proponse o cambio da finalidade da subvención pasando a dividirse en dúas “Remate no proxecto de construción de velorio municipal” por importe de 18.000,00 € e para a obra “Arranxos nos pobos de Vilar de Ordelles e Fondodevila” por 29.000,00 €. 

c) Nos orzamentos da Deputación para o exercicio 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 450.12.762.01 “Cooperación Provincial. A Concellos subvencións”, prevíase 

unha subvención nominativa ao concello de Ribadavia para ” Gardería” por importe de 

23.500,00 euros. Baseándose na solicitude presentada polo alcalde o 7 de outubro de 2020 con entrada no rexistro electrónico da Deputación o 9 de outubro de 2020, proponse o cambio da finalidade da subvención pasando a ser o de “Actuacións en infraestruturas educativas no Concello de Ribadavia” por importe de 23.500,00 €  

Bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2021 

Acordo: 

Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e mancomunidades para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipal e provincial no exercicio 2021. A finalidade da subvención é colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo público de limpeza das marxes da rede viaria municipal (prestación que se considera incluída no servizo mínimo obrigatorio de acceso aos núcleos de poboación recollido no artigo 26 da Lei de bases de réxime local) e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislación galega de prevención de incendios forestais. 

Bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para 2021 

Acordo: 

Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de empregabilidade para o exercicio 2021. A finalidade deste Programa é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal e da entidade local menor de Berán posibilitando o complemento dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos ou nomeamentos de persoal funcionario interino, de ser o caso, mediante a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento dos ditos contratos ou nomeamentos. 

Bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para 2021 

Acordo: 

Aprobar inicialmente as bases reguladoras do Programa provincial de cooperación cos concellos e a entidade local menor de Berán en materia de mocidade para o exercicio 2021. A finalidade deste Programa é contribuír ó financiamento das actividades desenvolvidas polos concellos da provincia e a entidade local menor de Berán en prol da mocidade ó longo do exercicio 2021. 

EDAR do Concello de Vilamarín 

Acordo: 

Aprobar a segunda addenda modificativa do convenio de colaboración entre a C.H. do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello de Vilamarín para o financiamento, execución e entrega, para o seu mantemento e conservación, das obras de mellora do tratamento na EDAR do Parque empresarial do Concello de Vilamarín (Ourense). 

Mellora das marxes do río Xares no Concello da Veiga 

Acordo: 

Aprobar a segunda addenda de modificación do convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil OA, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga, para o financiamento, execución e entrega para o seu mantemento e conservación, das obras do proxecto de acondicionamento, protección e mellora da conectividade das marxes do río Xares ao seu paso polos núcleos de Xares, Ponte e Baños, na Veiga. 

Servizos de pesada e báscula industrial e punto de almacenamento temporal de residuos de construción no Concello de Muíños 

Acordo: 

Aprobar inicialmente a modificación artigo 6 da Ordenanza fiscal para o establecemento e regulación das taxas pola prestación dos servizos de pesada e báscula industrial e punto de almacenamento temporal de residuos de construción e demolición no complexo medioambiental da Baixa Limia, de titularidade do Concello de Muíños. 

Servizo intermunicipal delegado de recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e dos puntos limpos da provincia de Ourense 

Acordo: 

Aprobar inicialmente a modificación do apartado 10 do artigo 5 da Ordenanza fiscal reguladora das taxas do servizo intermunicipal delegado de recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e dos puntos limpos da provincia de Ourense, publicada no BOP n.º 299 do 31 de decembro de 2019, (corrección de erros no BOP n.º 7 do 10 de xaneiro de 2020).