Cine Club Carballiño ofrece este venres a proxección da película “Kontinental’25” no Auditorio Manuel María

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este vindeiro venres, 23 de xaneiro, Cine Club Carballiño proxecta a última película do director rumano Radu Jude, “Kontinental’25”, unha comedia negra e unha sátira mordaz contra a especulación inmobiliaria que recorda en ocasións ao cine do gran Berlanga. Unha precisa e ácida radiografía dos tempos actuais non so na Rumanía postsoviética, senón tamen en toda Europa.

Conta a historia de Orsolya, unha alguacil en Cluj, a principal cidade de Transilvania en Romanía. Un día ten que desafiuzar a un home sen teito que vive no soto dun edificio. Un suceso inesperado creará unha crise moral que intentará resolver o mellor que poida. O filme foi un dos grandes triunfadores no pasado Festival de Berlín, onde obtivo o premio ao mellor guión, e conta cunha magnífica interpretación de Eszter Tompa, recoñecida co premio á mellor actriz nos Festivais de Xixón e Chicago.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os pases para esta proxección serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ambos en VOS en castelán, tanto o das 20,00 horas como o das 22,30 horas. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------