Cine Club Carballiño estrea este venres, día 30, no Auditorio a película “Father, mother, sister, brother”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño estrea este vindeiro venres, 30 de xaneiro, unha das películas máis esperadas da tempada, o último filme do director norteamericano Jim Jarmush, “Father, mother, sister, brother”, gañadora do León de Ouro no pasado Festival de Venecia como mellor película.

Protagonizada por un magnífico elenco (Adam Driver, Charlotte Rampling, Cate Blanchet, Vicky Krieps … e, como non, o músico actor fetiche de Jarmush, Tom Waits), o filme é un canto á familia e os seus misterios, tenra e sutil, atenta aos pequenos detalles que entrelazan e constrúen as relacións familiares.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Película dividida en tres actos ao redor dun mesmo feito: o reencontro de membros dunha familia. Uns irmáns xa adultos vólvense a xuntar despois de anos sen verse, forzados a enfrontarse a tensións non resoltas e a reevaluar as súas tensa relacións cuns pais emocionalmente distantes.

Os pases para visionar este filme serán coma sempre ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en V.O.S., no Auditorio Manuel María do Carballiño

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------