O Concello de Ribadavia aproba o novo regulamento de instalacións deportivas para impulsar a súa dixitalización

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Pleno do Concello de Ribadavia aprobou esta tarde, de xeito definitivo, o novo Regulamento sobre o uso das instalacións deportivas municipais. Esta nova normativa vén sustituír á vixente dende o ano 2020 e responde á necesidade de adaptar a xestión deportiva á profunda transformación que as infraestruturas locais experimentaron nos últimos meses.

A motivación principal desta actualización normativa reside en tres piares: a posta en marcha da nova zona fitness na planta baixa do Centro Deportivo Municipal O Consello, a dixitalización integral do servizo —que agoravai permitir a reserva de espazos ou actividades e o pago de prezos públicos de xeito telemático— e o estrito cumprimento da Lei de Protección de Datos.

O novo texto regula o uso de centros clave como o pavillón municipal de Maquiáns, que recentemente concluíu a súa reforma integral cun investimento que superou os 230.000 euros para mellorar o illamento térmico na cuberta a eficiciencia enerxetica e melloras na dotación (bancadas, canastras motorizadas…),  xunto coa eliminación de barreiras arquitectónicas no C.D.M.  Municipal O Consello, a próxima apertura da zona fitness así como a posta en marcha de programas orientados a actividade fisica saudable; forma parte do plan estratéxico do Goberno local para garantir que a actividade fisica e o deporte sexa accesible para toda a cidadanía, independentemente da súa condición física.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O alcalde de Ribadavia, César Fernández, subliña a importancia deste avance: “Hoxe non só aprobamos un conxunto de normas; hoxe consolidamos a transformación do sistema deportivo  de Ribadavia. Coa nova zona fitness que en breve abrirá ao público e un Pavillón Municipal Maquiáns totalmente renovado, era imprescindible contar cun regulamento que faga o servizo máis áxil, dixital e seguro para os usuarios e usuarias de calquera das instalacións deportivas municiapis. O noso obxectivo é que calquera veciño poida gozar dun servizo de primeiro nivel coa comodidade de xestionar as súas actividades dende o móbil”.

O documento aprobado hoxe establece as normas de acceso e comportamento en espazos como a piscina da Veronza ou o complexo do Xestal e o seu novo campo de fútbol sintético. Entre as principais novidades destacan:

  • Dixitalización: Consolídase o sistema de reservas altas e baixas de aboados a través da web oficial, evitando desprazamentos innecesarios.
  • Control de Acceso: Obrigatoriedade do uso de tarxetas ou pulseiras en instalacións con tornos electromecánicos.
  • Normas de uso da Zona Fitness: Regúlanse especificamente as normas acceso, hixiene e seguridade da nova sala de musculación, salas de  actividades dirixidas, saunas e dependencias anexas.
  • Réxime Disciplinario: Actualízanse as sancións para garantir o respecto ao persoal e o coidado do material común, con multas que poden acadar os 2.000 euros en casos moi graves.

Con esta aprobación, o Concello de Ribadavia completa unha fase crucial da súa estratexia deportiva, unindo a mellora física das instalacións cunha xestión administrativa moderna e eficiente ao servizo da cidadanía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------