Araújo advirte de “irregularidades” nas actuacións de Jácome

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O portavoz do Grupo Municipal de Ciudadanos, Pepe Araújo, manifestou esta mañá que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non pode seguir poñendo os seus intereses económicos e persoais por encima dos intereses desta cidade, sobre todo cando as súas actuacións como alcalde rozan o límite da legalidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste sentido, Araújo sinalou que “sabemos que o alcalde se atopa nunha situación complicada, o cal lle debe impedir tomar decisións acertadas, porque o seu propio grupo está a deixar caer temas, que de non ser ilegais están no límite da legalidade, e que nos próximos días van provocar un escándalo nesta cidade”. Respecto diso, engadiu que “de momento non podo dicir nada máis. Bastaría con preguntar aos asesores contratados por Jácome, que é o que fan co seu soldo e, a quen, como e porqué destinan parte do mesmo”.

“Agora entendemos por que o alcalde empeñouse en contratar a tantos asesores”, engadiu Araújo, nunha rolda de prensa, para explicar que o Grupo Municipal de Ciudadanos non acudía ao pleno por “responsabilidade e sentido común” tras o positivo en coronavirus detectado a un asesor de Alcaldía .