López Campos traslada o apoio da Xunta aos cineclubs de Galicia como colectivo clave para a difusión audiovisual

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe con membros da directiva da Federación de Cineclubs de Galicia, na que está integrado Cine Club Carballiño, para valorar os resultados de máis dunha década de contribución da Xunta de Galicia ao labor deste colectivo e trasladarlle o compromiso do Goberno galego en continuar co seu apoio para acadar a difusión audiovisual en todo o territorio.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


No encontro, no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, xunto co presidente da entidade, Andrés Precedo; a vicepresidenta, Elena García, e a xerente, Lola García, abordáronse as actividades realizadas en 2025 a través do convenio de colaboración co que se financiou unha programación cinematográfica en 14 localidades (A Illa de Arousa, Allariz, Bueu, Cangas, Chantada, Lugo, Narón, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo).

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os cineclubs destes municipios acolleron diferentes ciclos e semanas de cine, así como as extensións da carteleira da Filmoteca de Galicia fóra da súa sede da Coruña. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------