Mañá xoves , ás 21 horas, a Fundación Vicente Risco proxectará a película “O rei dos cowboys” de Buster Keaton

IES CHAMOSO LAMAS

Mañá xoves 4 de novembro, ás 21 horas, a Fundación Vicente Risco proxectará a película “O rei dos cowboys” de Buster Keaton dentro do ciclo Caspervek, no hotel OCA Vila de Allariz.

Actuará de artista convidada Andrea González ao saxofón.

HIPER MASIDE

CINE MUDO PARA O SÉCULO XXINos últimos anos, Caspervek converteuse nunha das referencias europeas dos cine concertos, con máis de 2.000 actuacións en 14 países do noso continente.As bandas sonoras de Caspervek combinan elementos da música clásica, o jazz, a electrónica, o folk ou a música contemporánea. Todo cun obxectivo: achegalo cine mudo a todos!

A película é de 1925 e dura 68 minutos. Tras varios reveses laborais, Buster chega a unha granxa de gando no “Far West”. Alí coñecerá os rigores da vida dos vaqueiros e descubrirá o significado da lealdade e a valentía.
Unha das comedias menos coñecidas de Keaton, foi, con todo, un enorme éxito na súa época e contén algunha das escenas máis hilarantes e incribles da filmografía do texano.

A entrada ten un prezo de 10 euros. Inscricións no enderezo de correo electrónico secretaria@fundacionvicenterisco.com