A CHMS inviste 245.000 euros na mellora da capacidade de desaugadoiro do Regueiro de Forcadela no Barco de Valdeorras

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as actuacións de mellora da capacidade de desaugadoiro e recuperación do dominio público hidráulico no Regueiro de Forcadela – O Barco de Valdeorras (Ourense).

Esta mañá, o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e o alcalde do municipio, Alfredo L. García, visitaron a zona para comprobar o resultado dos traballos.

AVANTAR ACTIVIDADES

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar o estado dos nosos leitos fluviais e para valorizar a riqueza natural coa que se conta, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” incidiu o presidente.

Descrición

O regueiro de Forcadela penétrase no Barco de Valdeorras por un leito que se desbordaba en época de crecidas discorrendo a auga pola Travesía de Veigadecabo; para corrixir esta situación, a CHMS acometeu as obras de demolición da antiga canle de desaugadoiro e do marco soterrado existente, augas abaixo da obra de paso da N-120, para reconstruír estas estruturas cunha xeometría e dimensións suficientes para o paso das crecidas sen que se producisen desbordamentos.

Paralelamente levaron a cabo actuacións de limpeza e recuperación ambiental nunha lonxitude de 80 m en superficie, con proteccións constituídas por diques ata a cota das avenidas ordinarias e elementos de bioingeniería na franxa superior.

A obra concluíu coa reposición dos servizos afectados e pavimentación das superficies afectadas, supoñendo no conxunto das obras un investimento de 245.000 €.