demolición tirado en diversas zonas e actividades de concienciación ao longo do ano. Dedicamos un pouco de tempo a revisar a nosa conciencia ambiental?
Nestes días o Concello de Sandiás, previa identificación de zonas de acumulación de lixo e entullos de obra ou residuos sólidos sobrantes dunha construción ou demolición en diversas zonas do concello, procedeu a demandar a súa retirada e así se levou a cabo. Este tipo de recollida de residuos sólidos tamén se veñen recollendo nas campañas de concienciación que leva a cabo o concello ao longo dos últimos anos como a que se realiza o 6 de Xuño “A Caza do lixo” que recolle grandes depósitos de residuos nos montes ou as campañas de voluntariado ambiental ou de recollida colaborativa de lixo menor en cada unha das aldeas cada ano e tamén nas Areeiras de Sandiás en colaboración con Cdr O Viso e noutras patrocinadas pola Asociación Amigas das Cegoñas nas que colaboraron responsables do Concello e veciños.
Compre mentalizarnos que temos que utilizar as papeleiras, conservar o patrimonio sen pintadas, non tirar as cabichas e papeis non chan, evitar deixar plásticos, paquetes de tabaco nos valados e nas estradas e especialmente evitar vertedoiros nas estradas, camiños e nos nosos montes. Desta maneira, con pequenas accións, reduciremos a contaminación do ecosistema, das correntes de auga, evitaranse riscos para os animais cos cristais rotos e a contaminación ao inxerir plásticos e tamén mellorará a estética e o benestar dos que vivimos nas distintas aldeas. O respecto polo medioambiente e polos espazos comúns é unha responsabilidade compartida polos veciños do Concello e da Comarca. Un xesto tan sinxelo como refugar os residuos nos lugares adecuados contribúe ao benestar de toda a comunidade. Actuemos con civismo e responsabilidade e dediquemos un pouco de tempo a revisar a nosa conciencia ambiental.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Puntos límpos fixos e móviles (servizo de recollida a domicilio)
Resulta preocupante que, a pesar de dar facilidades dispoñibles para a correcta xestión de residuos, sigamos atopando lixo en zonas non habilitadas. Existen múltiples alternativas para a súa adecuada disposición, como puntos limpos, recollida selectiva e outros servizos municipais.
Aínda queda un longo percorrido na labor de facer pedagoxía e toma de conciencia por parte de todos, pero sabemos por onde temos que camiñar e persistir. Neste senso, para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o do punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves entre 17.00 h e 19.00 h e sábado 10.00 h-14.00 h; Vilar de Santos, mércores de 10.00 h-14.00 h e Calvos de Randín, xoves de 10.00 h-14.00 h, para que ninguén do concello da Comara da Limia teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.
Como proceder no caso de demanda de puntos limpos móviles
Tes que tirar ao lixo un sofá, un frigorífico antigo ou roupa que non serve? Agora é máis fácil e cómodo… Gracias ao Servizo de Punto Limpo Móbil da Deputación. Se vives nun dos 54 Concellos adheridos ao convenio para a recollida de residuos… So tes que chamar ao teu Concello e o Punto Limpo Móbil pasará a recollelos.
A #DeputacióndeOurense dispón de puntos #limposmóbiles destinados á mellora do servizo de recollida de #residuos #voluminosos. O servizo busca #evitar a aparición de #vertedoirosincontrolados e facilitando á veciñanza que se podan desfacer destes residuos sen ter que se desprazar aos puntos limpos fixos”.
Chamar ao concello indicando os datos, enderezo, tipo e cantidade de residuos que ten para recoller.
Concello xestionará periódicamente peticións coa Deputación. A Deputación que será a encargada de contactar cos solicitantes para indicarlles a data na que o punto limpo móbil pasará preto das súas casas, de xeito que poidan deixar os seus residuos voluminosos ao carón do punto de recollida máis próximo a súa
















