Este xoves tivo lugar o Pleno de xaneiro, e o PP votou conta a Moción de Ribeiro en Común que demandaba a realización dun parque cuberto a cargo dos fondos provinciais 2026, que a Deputación a través do seu remanente de tesourería vai destinar aos concellos. O goberno non quixo dicir na sesión plenaria a qué vai destinar estes fondos, sen embargo, existe unha resolución de alcaldía do mes de xaneiro na que se acorda destinar a compra de maquinaria para o Pavillón, e da que non quixo falar no Pleno.
Para Ribeiro en Común é incomprensible que na obra dos baixos do pavillón polideportivo, de máis de 1,2 millóns de euros, non houbera ningunha partida contemplada para maquinaria do ximnasio, e agora o goberno local teña que coller máis diñeiro que se podía destinar a un parque infantil cuberto.
No pasado mandato, desde o Concello de Ribadavia presentaranse varios proxectos ás convocatorias da Xunta para estes parques, todas viñeron denegadas. No actual mandato, 2023-2026, o PP non só non se presentou a ningunha convocatoria, senón que ademais non destinou ningún dos fondos que a Deputación achega ao Concello de Ribadavia para este tipo de parque.
Así, ademais de eses máis de 1,2 millóns, o goberno local vai destinar 30.000 euros máis dos fondos 2026 da Deputación á adquisición de maquinaria deportiva nesta obra do Pavillón. E volve deixar a Ribadavia sen parque infantil cuberto.
Ribeiro en Común continuará demandando que o Concello destine parte das axudas da Deputación a realización deste parque infantil cuberto, como están facendo moitos concellos.
















