Cine Club Carballiño proxecta este venres no Auditorio a multipremiada película tunecina “La voz de Hind”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño proxecta este venres, día 6 de febreiro, no Auditorio Manuel María a película tunecina “La voz de Hind”, de Kaouther Ben Hania, autora tamén do guión. O argumento céntrase no 29 de xaneiro de 2024, cando os voluntariosa da Media Lúa Vermella reciben unha chamada de emerxencia: unha nena de 6 anos está atrapada nun coche baixo o fogo en Gaza, suplicando por ser rescatada. Mentres intentan manter contacto con ela, fan todo o posible para enviarlle unha ambulancia. O seu nome: Hind Rajab.

O filme é un drama baseado en feitos reais, e foi nominada ao Globos de Ouro como mellor película intenacional. Neste momento está seleccionada entre as cinco películas finalistas nos Oscar para o mesmo premio. Gañou o Premio do Xurado en Venecia e o Premio do Público en San Sebastián. Unha película impactante e necesaria, aclamada tanto polo público como pola crítica especializada.

Os pases serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en V.O.S., no Auditorio do Carballiño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------