A Corporación do Carballiño amosa o seu apoio maioritario á mellora dos servizos de atención no Centro de Saúde

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O sector agrogandeiro e a sanidade pública de Galicia, ademais do pobo venezolano, foron os puntos centrais de debate na sesión ordinaria celebrada hoxe pola Corporación Municipal do Carballiño e que foi adiada o pasado 29 de xaneiro. No seu inicio, os 15 concelleiros e concelleiras presentes mostraron a súa unanimidade á hora de aprobar a renovación do convenio de 2018 entre Concello e a Academia Galega de Seguridade (Agasp) para que este organismo da Xunta se encargue dos procesos de selección de prazas para a Policía Local.

A moción presentada polo BNG en defensa do sector agrogandeiro galego fronte aos acordos tomados pola Unión Europea (o convenio con Mercosur, o último) motivaron un forte debate e una votación final separada para os puntos propostos pola voceira nacionalista, Sofía García. Deste xeito, o voto de calidade do alcalde en funcións, José Castro, inclinou a balanza cara o rexeitamento do apartado no que se solicitaba unha anulación do tratado do devandito tratado cos países de Suramérica, e tras un triple empate a cinco votos entre os favorables de BNG e Espazo Común, en contra do Partido Popular e a abstención do PSdeG-PSOE. O resto dos apartados propostos sí contaron coa unanimidade de toda a Corporación.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Socialistas e BNG sí votaron favorablemente a moción de Espazo Común sobre a toma de medidas para a mellora da atención sanitaria no Centro de Saúde do Carballiño, coa dotación de máis persoal e recursos, que contou coa abstención dos populares. Sen embargo, foi desestimada cos votos do equipo de goberno (PSdeG-PSOE e PP) a urxencia dunha moción semellante sobre sanidade presentada pola nacionalista Sofía García.

Finalmente, e antes do sempre tedioso punto de rogos e preguntas, a proposta de Espazo Común para amosar o apoio e solidariedade co pobo de Venezuela, con forte presenza no Carballiño, contou co beneplácito de socialistas e populares e tan só foi rexeitada pola voceira nacionalista.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------