Proposición non de lei que fai Marina Ortega sobre a escola infantil de Ribadavia

A portavoz Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, levou á Comisión de Política Social que se celebrou hoxe xoves, a partir das 10,30 h.,unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que execute de urxencia a partida de 500.000 euros consignados á construción da Escola Infantil de Ribadavia.

Publicidade

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e do seu deputado, Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela,
a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento
da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en
Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

Ribadavia é un concello que pertence á comarca do Ribeiro. Con máis de 5000
habitantes, existe unha necesidade de conciliación para as familias que teñen
menores a cargo.
Actualmente atopámonos nun contexto de pandemia motivada pola Covid-19, e
en proceso de inmunidade da poboación grazas as vacinas que chegaron a
Galicia. No último ano, por mor das restricións, moitas familias galegas tiveron
dificultade para conciliar a vida familiar e laboral, polo que, se xa é complexo
cadrar a conciliación con menores a cargo, neste contexto complicouse aínda
máis.
En Ribadavia, a finais do ano pasado a Xunta comprometeu 500.000 euros para
destinar a unha gardería ou escola infantil sita nun edificio cedido a educación
desafectado para a construción, antiga escola da Alameda.
Dende o Grupo Socialista consideramos necesario, xa que a partida
presupuestaria xa está consignada, que executen con carácter de urxencia dito
proxecto, para poder dotar canto antes ás familias de Ribadavia dun recurso tan
necesario nestes momentos.
Sería importante que o Goberno galego, a través da Consellería de Política
Social, informara detalladamente sobre o estado actual do proxecto, xa que é
fundamental para os veciños e veciñas dependentes de tal servizo para conciliar
en Ribadavia.
Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a
seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia, insta a Xunta de Galicia a que informe sobre o estado
actual do proceso de execución dos 500.000 euros consignados nos orzamentos
da Xunta e que axilice canto antes as actuacións precisas para que a escola
infantil funcione coa maior brevidade posible.”