Datos por casos activos por covid de hoxe: En Carballiño e Cea un caso máis en cada concello

IES CHAMOSO LAMAS

En Carballiño un caso máis para un total de 33 e un índice por 100000 habitantes de 234. A comarca sobe os casos totais coma consecuencia, ascendendo ata os 46.

HIPER MASIDE

No día 15 de decembro solo tiñamos 5 casos activos no Carballiño e 16 no total da comarca.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe sube ata os 8 casos activos, un máis ca onte.

O Irixo mantén os dous contaxiados . Piñor mantén un único contaxiado e Punxín segue con un positivo rexistrado . 

Boborás ten un caso activo e xa solo quedan sen casos Maside, Beariz, e San Amaro.