O Plan de Sustentabilidade Turística recupera espazos e mellora enclaves de interese no Ribeiro e Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Ribeiro–Carballiño empeza a transformar a súa paisaxe. O Plan de Sustentabilidade Turística xa puxo en marcha varias actuacións destinadas a recuperar espazos degradados e mellorar a imaxe de enclaves con gran valor para visitantes e veciños. Entre as primeiras intervencións destacan a demolición dun antigo depósito de auga na praza Campo dá Feira de Cortegada e a rehabilitación de marquesiñas de autobús en distintos concellos, con traballos xa visibles en Berán, Leiro. 

A estas accións súmase a retirada de entulleiras ilegais de aveños e restos de obra en zonas como Cerdeira, no Irixo, unha medida clave para devolver dignidade ambiental a puntos castigados polo abandono. Máis que obras illadas, trátase dunha aposta por integrar natureza, patrimonio e turismo nun mesmo horizonte: un territorio máis limpo, máis coidado e visualmente máis atractivo para quen o percorre e para quen o habita

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------