Desprendemento dunha árbore na estrada que conecta Godás e Longoseiros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como consecuencia dos fortes temporais que están a afectar ao municipio do Carballiño, produciuse o desprendemento dunha árbore de gran tamaño sobre a calzada na vía que une as parroquias de Godás e Longoseiros.

O incidente ocorreu nun momento no que, afortunadamente, non transitaba ningún vehículo nin peón pola zona, polo que non hai que lamentar danos persoais.

Efectivos dos servizos de emerxencia e da Policía Local desprazáronse inmediatamente ao lugar para proceder á retirada da árbore e restablecer a circulación coa maior celeridade posible.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Recoméndase extremar a precaución nos desprazamentos polas estradas do municipio debido ás adversas condicións meteorolóxicas e á posible presenza de novos desprendementos ou obstáculos na vía.

Desde o Concello do Carballiño faise un chamamento á cidadanía para que, ante calquera incidencia, contacte cos servizos de emerxencia a través do teléfono 112.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------