
A comunidade galega rexistra hoxe 403 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto a onte, afianzando a tendencia á baixa. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 10.038, unha cifra que descende en preto de 400 casos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 58 (-5) están en UCI e 242 (-26) en unidades de hospitalización.
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 26 contaxios novos, a metade ca onte, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 697 casos activos, 17 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 27 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (=) na UCI.