O Concello de San Cristovo de Cea demandará a empresa Naturgy, subministradora do servizo eléctrico polo continuos cortes eléctricos que está a sufrir boa parte da veciñanza do municipio.
As autoridades municipais apuntan que “Tras realizar numerosos escritos (todos eles con datas e número de rexistro) deixando constanza da problematica existente, e tras comprobar que a empresa fai caso omiso das peticións e seguen sen darlle solución a unha instalación vetusta e anticuada, procederase a presentar unha demanda, asesorada polos servizos xurídicos do concello, contra a empresa pola súa inacción”.
O malestar entre veciños, comerciantes, hostaleiros e industriais de San Cristovo de Cea púxose de manifesto dende o día de onte ante a falta de subministro eléctrico en vivendas e empresas, e as reclamacións e as solicitudes de información dirixidas a Naturgy por particulares e propietarios de negocios non obtiveron a resposta axeitada.
Por todo elo, desde o Concello de Cea veñen de convidan a todos os afectados a sumarse a demanda para dunha vez por todas solucionar un problema que trae consecuencias negativas a comerciantes, industrias, hostaleiros e a veciñanza en xeral: “Achégate ao Concello a sumarte a esta iniciativa!”.

















