Luís Seara: “aínda en tempos de entroido e por máis que se poña máscara, Jácome é e seguirá a ser o Alcalde acosador”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Portavoz do BNG no Concello de Ourense destaca que a sentenza non deixa lugar a dúbidas, “Jácome non só ignorou os procedementos e protocolos diante da denuncia por acoso interposta pola Intendente-xefe da Policía Local, senón que contribuiu ao acoso contra a mesma”

Ourense, 14 de febreiro de 2026. Coñecida a sentenza firme por acoso en contra do Concello de Ourense e máis concretamente do Alcalde Gonzalo Pérez Jácome, por acosar á Intendente-xefe da Policía Local, desde o Grupo municipal do BNG sinalan que “estamos diante dunha sentenza contundente e que revela, ao igual que fixeron as anteriores, cal é o proceder e o comportamento de quen exerce a máxima autoridade do Concello. Non só mirou para outro lado, sen activar os protocolos necesarios, senón que contribuiu ao acoso contra a funcionaria”.

Para o Portavoz dos nacionalista Luís Seara, “Jácome aprovéitase da súa posición de poder a fronte do Concello para menoscabar, insultar e acosar ás e os traballadores municipais que non se pregan aos seus intereses”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No BNG lembran que esta non é a primeira sentenza por acoso á que ten que facer fronte o Concello de Ourense pois “xa temos enriba da mesa outras que agardan a súa firmeza, sentenzas que ao igual que esta, levan aparelladas cuantiosas cantidades económicas en concepto de indemnización e que imos que ter que pagar entre todas e todos”.

Segundo o BNG, e á vista desta sentenza, que é firme, “Jácome non debería botar un só segundo máis á fronte da alcaldía, porque estes comportamentos, ademais de ser indignos de quen ostenta a máxima representación municipal, teñen consecuencias económicas para a conxunto da veciñanza”. 

O BNG xa se manifestou, no seu día, a este respecto, considerando este tipo de procedementos antiéticos e reprobables. “Debera asumilos el do seu propio peto. Non é de recibo que teña que ser a veciñanza no seu conxunto e a través das arcas municipais as que teñan que sufragar os seus excesos”.

E é que para Luís Seara, “esta sentenza ao igual que as anteriores,, revelan o clima de traballo instalado no Concello desde a chegada de Jácome á Alcaldía”. Sete anos de acoso, de ameazas, de presión a través dunha “policía política que acosa ás traballadoras e traballadores, anos nos que se disparou o número de baixas médicas, consecuencia desta situación e dos continuos desprezos públicos aos que somete ás e aos traballadores municipais, deixándoos nunha posición de vulnerabilidade diante da veciñanza”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------