O Encontro Literario de Ourense (ELO) ampliará ata dous días as xornadas de confraternidade entre autores e lectores na edición correspondente a este ano, que terá lugar no Auditorio Manuel María do Carballiño do 30 ao 31 de outubro. Asemade, a organización xa abríu o prazo de inscrición para participar nas actividades complementarias, que se pode formalizar na dirección do correo encuentroliterariodeourense@gmail.com.
Un adianto da programación foi presentado esta mañá na Casa do Concello da vila, coa presenza do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado por Lizzy Quintas e Cristine Ferro, responsables da súa organización. “Dende que comezou este evento acollémolo con ilusión, xa que se separa dos encontros literarios clásicos coa asistencia de escritores, bloggers e influencers, e para nós é un orgullo que as organizadoras segan a apostar polo Carballiño como sede”, indicou o edil.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Lizzy Quintas apuntou que “ano tras ano góstanos innovar, por elo nesta edición escoitamos as súplicas dos nosos asistentes habituais e decidimos que o encontro teña dous días de duración”. Unha das novidades consistirá nunha “convivencia entre autores e lectores que se celebrará na Praza Maior do Carballiño na tarde do venres día 30, e que rematará cunha sorpresa espectacular”, engadíu.
Pola súa banda, Cristine Ferro avanzou que “a coincidencia do sábado, 31 de outubro, co Halloween ou Samaín, representa un escenario superpotente para facer un concurso de disfraces terroríficos e intercambiar relatos de medo”. E outra novidade será a organización, nesa mesma data, dunha visita guiada a unha destilería tradicional de augardente.
Os prezos de inscrición para tomar parte nestas actividades son de 18 euros para os escritores e de 10 euros para o resto dos asistentes.

















