Ribadavia conmemora o Día Internacional da Muller coa lectura do manifesto institucional na Praza Maior

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Ribadavia conmemorou na mañá deste venres o Día Internacional das Mulleres cun acto institucional na Praza Maior, no que se procedeu á lectura do manifesto elaborado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

A concelleira Yolanda Gómez foi a encargada de dar lectura ao texto, que este ano pon o foco no papel das mulleres como “xestoras do cambio” no ámbito público e no municipalismo galego. No manifesto destácase o labor das mulleres na administración local, subliñando que “non hai política sen igualdade, non hai xestión sen mulleres, non hai democracia real sen paridade”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Durante o acto tamén se puxo en valor o compromiso das institucións locais coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como a importancia de seguir avanzando na eliminación de barreiras que dificultan o acceso das mulleres a postos de responsabilidade.

A lectura do manifesto rematou cunha chamada a continuar traballando pola igualdade e polo recoñecemento das mulleres como protagonistas da transformación social e institucional.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------