Ribadavia lanza unha nova edición do programa ‘Concilia na Pascua’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Ribadavia organiza unha nova edición do programa “Concilia na Pascua 2026”, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante o período non lectivo de Semana Santa.

A actividade desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril, en horario de 8,30 a 14,00 horas. Ademais, ofrecerase servizo de conciliación desde as 8,30 horas previa solicitude.

O programa está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, nados antes do 31 de decembro de 2022.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


En canto aos prezos, establécese unha cota de 20 euros para persoas empadroadas e 36 euros para non empadroadas. Contémplanse descontos para familias numerosas, familias monoparentais, segundo irmán e nenos/as con discapacidade.

As solicitudes deberán realizarse a través da sede electrónica do Concello de Ribadavia (ribadavia.sedelectronica.gal), no apartado de Servizos Sociais, do 10 ao 17 de marzo.

O programa enmárcase nas políticas municipais de apoio ás familias e conciliación da vida laboral e persoal durante os períodos vacacionais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------