A Xunta incrementa as axudas para a compra de libros e flexibiliza os límites de renda para acceder as axudas de material para o vindeiro curso 2020-21

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta vai a aumentar as contías das axudas para a compra de libros, e flexibilizar os límites de renda para acceder ao fondo solidario e aos vales de libros e material escolar para o vindeiro curso 2020-2021.

Os destinatarios das axudas serán os alumnos de educación primaria, secundaria e especial en centros públicos. Para atender toda a demanda, a Xunta habilitará unha partida de preto de 20 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 63% con respecto o presente curso.

OZOCOgz Deseño Galego

Aumentan as familias beneficiarias e a contía das axudas para primaria, entre os 140 e os 210 euros.

No caso da Educación especial recibirán un importe de 275 euros.

En relación ao Fondo solidario de libros para os alumnos de secundaria, teñen garantido o acceso a 6 libros as rendas de ata 6.000 euros; o alumnado que estea en situación de garda; e o alumnado cunha discapacidade do 65% ou mais.

As familias con mais de 6000 euros de renda e ata e 10.000 euros terán acceso a 4 manuais.

Por último, mantense os 50 euros por alumno de primaria e ESO para compra de material escolar para as familias con rendas de ata 6000 euros.