‘Previsel 2026’ ofrece formación especializada en prevención e seguridade laboral a través de 50 actividades

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral celebra a súa 19ª edición consolidada como o gran referente en Galicia, xa que é a única cita centrada en exclusiva na formación especializada en prevención e seguridade laboral impartida por expertos na materia. A 19ª edición deste salón celebrarase en Expourense os días 11 e 12 de marzo contando unha vez máis coa estreita colaboración de administración, patronal, sindicatos, colexios profesionais e servizos de intervención e emerxencias e centros educativos de Formación Profesional. Todos eles elaboraron un completo programa con máis de 50 actividades que teñen o obxectivo de insistir na necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades promocionando ademais boas prácticas que garantan a saúde laboral dos traballadores e traballadoras.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A 19ª edición de Previsel foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo de Expourense, Manuel Pardo; polo vicepresidente terceiro da Deputación provincial de Ourense, Plácido Álvarez; polo director do Centro Issga en Ourense, Ángel López; polo presidente de TESGALICIA, Santiago Moreno; e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Tanto os profesionais como o público xeral que asistan a Previsel atoparanse dúas áreas: exposición e xornadas técnicas. En total, esta cita contará con 40 participantes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén destaca a  presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e servizos de prevención, seguridade e emerxencias.

XORNADAS E OBRADOIROS

Previsel 2026 presenta un completo programa de actividades que inclúen tanto formación especializada dirixida a sectores produtivos concretos como charlas e obradoiros de divulgación xeral en materia de prevención, saúde, seguridade laboral ou primeiros auxilios. A análise do Novo Regulamento de Seguridade Contra Incendios; a preparación da mochila de supervivencia; a prevención de neglixencias en incendios forestais; as oportunidades laborais no sector da construción ou a xestión da seguridade en catástrofes ou fenómenos meteorolóxicos adversos serán algúns dos temas abordados nestas xornadas. O programa conta coa participación de 50 relatores.

O Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia, ISSGA, volve apostar por Previsel como plataforma de promoción da cultura preventiva e como o marco elixido para impartir formación especializada dirixida a profesións concretas. Na primeira xornada do salón, mércores 11 de marzo, impartirán un seminario sobre a “Prevención de riscos ergonómicos e psicosociais na atención a persoas dependentes”. Ao día seguinte, o ISSGA impartirá outra xornada centrada no traballo seguro con nanomateriais e recompilada no portal web do ISSGA. Unha das novidades desta edición será o equipamento achegado pola Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA, que participarán no cunha Bomba de Achique de Gran Caudal. 

Participarán ademais centros educativos vencellados coa Formación Profesional como o Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros e o CIFP A Carballeira que acoden a esta cita con simuladores de realidade virtual que ofrecen unha experiencia inmersiva 360º e en 3D en emerxencias sanitarias.

Como é habitual, a Confederación Empresarial de Ourense, CEO; participará como expositora e ademais impartirá unha xornada en Previsel que este ano presentará “os riscos de xogar á ruleta coa prevención de riscos laborais.

Outra das entidades que aproveitará a celebración do salón para impartir formación especializada aos seus asociados e a todo aquel que desexe anotarse será a Fundación Laboral da Construción de Galicia que organiza a xornada teórico-práctica sobre o control operacional básico na obra. Tamén, en colaboración coa Asociación de

Construtores de Ourense, ACO, imparten unha xornada sobre as Oportunidades de Emprego neste sector.

Relacionada con este sector está a mesa de debate que analizará o novo Regulamento de Seguridade contra Incendios (SCI) abordando as obrigas, responsabilidades e repercusións na seguridade laboral e na seguridade cidadá na que participarán representantes dos colexios profesionais vencellados coa construción e os accidentes laborais (enxeñeiros técnicos agrícolas, arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos industriais e avogados).

Previsel conta un ano máis coa implicación dos tres sindicatos maioritarios en Galicia que convocarán aos seus afiliados de toda Galicia a participar nas actividades que organizaron. U.G.T. organizou dous obradoiros (un por día) sobre a preparación da mochila de supervivencia para as primeiras 72 horas logo dunha catástrofe. Pola súa parte, CC.OO. preparou un seminario sobre Enfermidades Profesionais. A CIG pola súa parte, organizou unha xornada sobre a prevención e seguridade dos traballadores en catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos. A estes sindicatos, súmase un ano máis o Sindicato de Enfermería SATSE que organiza dous obradoiros especializados sobre accesos vasculares e terapias intravenosa e sobre manexo integral da vía aérea.

O programa de conferencias complétase coa mesa redonda na que participan varios membros da UIFO (Unidade de Investigación de Incendios Forestais) na que se falará investigación realizada nos incendios forestais en Galicia presentado casos reais. Está organizada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Pola súa parte, os Bombeiros de Ourense impartirán un obraodiro práctico de manexo de extintores. As empresas participantes tamén impartirán formación especializada como é o caso de Previsonor que falará dos riscos do gas Radón tanto no traballo como no fogar.

Como é xa habitual dende o ano 2015, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, TESGALICIA, organizarán unha vintena de actividades dirixidas a persoal sanitario (que asistirá procedente de varios

puntos de España e de Portugal) e outras á sociedade en xeral e que apostan pola formación continua dos profesionais. Entre as actividades destinadas ao público xeral, TESGALICIA colabora na organización da visita do Helicóptero medicalizado H4 (mércores 11 ás 13.00 h.) ou os obradoiro de RCP.

Entre as actividades permanentes destaca o posto de asesoramento do Gabinete de Prevención de Riscos Laborais da Confederación Empresarial de Ourense – CEO; as cadeas de supervivencia da Cruz Vermella Ourense; as medicións antropométricas realizadas pola Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Sanidade; a medición de glucosa por parte da Asociación Diabética Auria ou a información sobre as carpas de aire presurizado como recurso preventivo e de intervención que correrá a cargo de Protección Civil do Concello de Barbadás.

As actividades compleméntanse con distintas exposicións de equipamentos e vehículos vencellados coa prevención e as emerxencias achegadas por entidades como a Deputación de Ourense, Protección Civil de Ourense, Protección Civil de Barbadás, Ambulancias da Cruz Vermella, SAMUR, SUMMA 112, a BRILAT, Policía Nacional e 061 Galicia.

Previsel 2026 conta co apoio principal do ISSGA e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, ademais de Renfe. A asistencia a estas actividades é gratuíta e precisa de inscrición previa a través da web www.previsel.com ou no teléfono 988 36 60 30.

O horario de apertura do salón será o vindeiro mércores, 11 de marzo, de 10,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 19,00 h., mentres o xoves, día 12, o recinto deste salón permanecerá aberto de 10,00 a 14,00 h.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------