A Deputación de Ourense reivindica en Romanía o papel dos pequenos concellos rurais

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou nun encontro organizado pola rede Partenalia baixo o título “Fortalecer as voces dos lugares remotos e as zonas rurais”

Brasov (Romanía), 10 de marzo de 2026.

O deputado de Dinamización do Medio Rural da Deputación de Ourense, Xosé Miguel Pérez Blecua, participou en Brașov (Romanía) nun encontro organizado pola Asociación de Gobernos Locais Intermedios, Partenalia, no que defendeu a necesidade de reforzar a presenza e a voz dos territorios rurais.

Durante a súa intervención, Pérez Blecua subliñou que Europa non se constrúe unicamente nas grandes cidades ou nos centros institucionais: “Tamén temos que escoitar aos pequenos concellos e aldeas se queremos unha Europa verdadeiramente democrática”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deputado destacou que nas áreas rurais as decisións políticas teñen unha repercusión inmediata na vida das persoas, xa que afectan a cuestións fundamentais como os servizos básicos ou as oportunidades para que a mocidade poida desenvolver o seu futuro no territorio.

Neste sentido, explicou que o rural afronta retos importantes, como o despoboamento, o envellecemento da poboación ou a distancia respecto aos centros de decisión política. Non obstante, lembrou que as políticas europeas teñen unha presenza directa no día a día destes territorios, a través de ámbitos como o desenvolvemento rural, a agricultura, a transición enerxética ou a dixitalización.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pérez Blecua puxo en valor iniciativas de cooperación europea como o proxecto PROVote, que permiten conectar territorios de distintos países que comparten desafíos similares. “En Galicia, en Romanía, en Grecia ou en Italia atopamos aldeas que afrontan problemas parecidos, como a perda de poboación, a dificultade para atraer mocidade ou o mantemento dos servizos básicos”, explicou.

Ao mesmo tempo, destacou que estes territorios tamén comparten unha gran capacidade de resiliencia e innovación social, sustentada no compromiso das comunidades locais, nas asociacións veciñais, no liderado das mulleres rurais e na implicación da mocidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------