A pista central do pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño alberga ao longo de toda a fin de semana a Copa Galega de grupos show e cuartetos de patinaxe do ano 2026, coa participación de 543 patinadoras e patinadores enroladas en 51 grupos diferentes e pertencentes a 30 clubs de toda a comunidade.
O evento mobiliza dun xeito directo a preto de un milleiro de persoas entre patinadores, adestradores, delegados e extras e a organización corresponde ao Club Aehde O Carballiño logo de asinar un convenio ca Federacion Galega de Patinaxe. Neste campionato daranse cita os mellores clubs de Galicia nesta modalidade, entre eles os clasificados para os torneos nacionais e algún deles serio candidato ao podio mundial.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O sábado será o momento da competicion para os cuartetos júnior e sénior e para os grupos show júnior e grandes de Primera categoría (16 ou máis patinadoras). Polo mañán, dende as 9,00 horas terán lugar os adestramentos e, xa pola tarde, ás 16,30 horas, arrancará a competición. Para o domingo quedan grupos pequenos e grandes de segunda categoría e os pequenos de Primeira categoría (ata 12 patinadoras). Tamén haberá adestramentos de mañá e a partires das 16,00 horas será o momento da competición.
Nesta xornada dominical será cando entren en escea os dous grupos show do club organizador. O pequeno de Segunda categoría ca estrea da súa coreografía e o pequeño de categoría Nacional ca seu programa, que se fixo co terceiro posto na Campionato Galego celebrado en Vigo hai dúas semanas.
Esta Copa Galega será puntuada polos xuíces da Federación Galega de Patinaxe (FGP) co sistema Rollart e conta ca colaboración do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial de Ourense.

















