O IES Nº1 de O Carballiño, galardoado co premio “Meteoescola Excelente 24/25”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Instituto de Educación Secundaria Nº1 de O Carballiño vén de ser recoñecido co premio Meteoescola Excelente correspondente ao curso 2024/2025, un galardón que destaca a calidade e o carácter innovador do proxecto educativo presentado polo centro durante o pasado curso.

Baixo a coordinación de 23 docentes, o alumnado participou activamente na realización dunha vintena de actividades multidisciplinares vinculadas coa meteoroloxía. As propostas abranguen dende a construción de cataventos e o estudo da influencia do clima en diferentes batallas históricas, ata a elaboración de relatos, xogos e coreografías, todos eles inspirados no tempo atmosférico.

A comunidade educativa e as persoas interesadas poden coñecer en detalle estes traballos a través do blog Pequenos infinitos, dispoñible no seguinte enderezo:
➡️ pequenosinfinitos314.blogspot.com

Este recoñecemento consolida ao IES Nº1 de O Carballiño como un referente na integración da meteoroloxía no currículo escolar, fomentando a creatividade e o aprendizaxe experimental.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------