A Xunta de Galicia vén de dar ‘luz verde’ ao proceso para a creación dun polígono industrial no municipio de Punxín en terreos ubicados ao carón da estrada N-120 (Logroño-Vigo) e a escasos metros do enlace coa autovía A-52. Así o anunciaba hoxe o tenente de alcalde do Concello de Punxín, Eladio Fernández, tras manter unha entrevista en Santiago de Compostela coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e técnicos do seu departamento.
“Podo dicir que Punxín vai ter un polígono industral como se merece”, manifestou o tamén edil de Obras á saída da xuntanza. “Aínda que a tramitación deste proxecto podería ser longa, creo que se vai acortar, e así, en pouco tempo, Punxín terá un polígono industrial operativo, activo e, o que é máis importante, creador de riqueza”, aseguro Fernández.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O representante do goberno municipal de Punxín xa adiantara en rolda de prensa a súa intención de reunirse cos responsables da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para presentarlles un plan especial co obxectivo de crear unha área empresarial en terreos próximos ao epicentro das principais redes de comunicación que cruzan a comarca.
Este plan contempla a recalificación dunha superficie total de 100.000 metros cadrados de solo rústico, dos que o Concello de Punxín contempla proxectar unha primeira fase para 20.000 metros cadrados, cunha distribución en 10 zonas de 500 m2 cada unha delas. A dotación de servizos básicos quedaría garantida, según Eladio Fernández, tendo en conta que os terreos están atravesados por unha liña de media tensión e tamén dispoñen de auga e alcantarillado.

















