Este sábado (día 28) na tenda OZOCOgz Manuel Esteban para falarnos de «Trickstar. Postais desde as estrelas»

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O 28 de marzo vai estar connosco / convosco Manuel Esteban para falarnos de «Trickstar. Postais desde as estrelas», unha novela de ciencia ficción marabillosa.

Ano 2076. Nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Julie Alban é arquitecta de sistemas, pero tamén unha veterana piloto do Consorcio, o organismo supranacioinal que está a dar os primeiros pasos na conquista do sistema solar. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes que a converterá na primeira pirata espacial.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------