O Psdeg-Psoe de Maceda amosa a súa preocupación pola “grave” situación económica do concello que debe a proveedores máis de 400.000 € en facturas do ano 2020

Os socialistas afirman que no último pleno aprobouse unha modificación extraxudicial de crédito de 72.038,17 € para facer fronte a facturas de 2019 “e aínda restan por pagar as de 2020”

O voceiro do PSdeG en Maceda, Xabier Oviedo, subliña que a situación é “insostible” nun concello sen orzamentos e que con estas débedas “pon nunha situación difícil a máis dunha empresa do municipio, pendente de cobrar os cartos de 2020 polos servizos prestados”

O PSdeG-PSOE de Maceda amosa a súa preocupación pola situación económica que vive o Concello, despois de que o grupo de goberno municipal presentara, no pleno da pasada semana, unha proposta extraxudicial de crédito para facer fronte a facturas de provedores do ano 2019. O importe total desta modificación ascende a 72.038,17€, pero os socialistas sinalan que “aínda quedan por pagar moitas facturas do pasado ano 2020, que xuntas superan o importe de 400.000 euros”.

Publicidade Premer na Imaxe

Para o Grupo Municipal Socialista de Maceda esta situación “so demostra a irresponsabilidade e descontrol” co que están a gobernar o Partido Popular de Maceda co apoio da concelleira de Espazo Común, Ana María Rodríguez. Os socialistas critican a esta última concelleira por mor das “súas contradicións”, destacando que “cambiou por completo o seu discurso con respecto ao seu papel como oposición, cando se fartaba a pedir xestión e transparencia, pero agora que forma parte do goberno municipal parece que todo lle vale”.

Para os socialistas a situación actual das contas municipais “é insostible” e remarcan dous aspectos importantes e relevantes como medición da situación que atravesa o Concello de Maceda. “Por unha banda estamos sen orzamento a estas alturas do ano, e por tanto non sabemos en que se van a investir os impostos dos nosos veciños e veciñas”, subliña o voceiro socialista, Xabier Oviedo, que tamén apunta que o segundo aspecto máis preocupante “é cantidade de débeda que se ten cos provedores, superando os 400.000 €”. Unha situación que segundo relata “pon nunha situación difícil a máis dunha empresa e autónomo do noso concello, que tendo en conta a crise que deriva da situación actual provocada pola COVID, súmanse agora os cartos que non terminan de ingresar por parte do concello referentes a servizos prestados”.

No referente a propostas, o Grupo Municipal Socialista presentou no devandito pleno unha moción onde se solicitaba a Deputación Provincial de Ourense que proceda a realizar as obras de mellora oportunas nas estradas de Maceda a Baños de Molgas e tamén de Maceda a Xunqueira de Espadañedo. “Estas estradas se atopan na actualidade sen cumprir as normas básicas de sinalización horizontal, é dicir, sen pintar, algo que as fai inseguras principalmente en temporada invernal”, apunta Oviedo, que remarca que na citada proposta “tamén solicitamos un estudo para a estrada Maceda-Xunqueira de Espadañedo para proceder ao cambio do límite de velocidade”. Alegan que na actualidade “o tramo está completamente limitado a 50km/h algo que nos parece inadecuado para o fluír da circulación

PUBLICIDADE