A Procesión Gloriosa da Resurrección pon o punto final ao programa da Semana Santa no Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O templo da Veracruz converterase mañá de novo no eixo dos actos da Semana Santa do Carballiño coa celebración do Domingo de Pascua. A igrexa deseñada por Antonio Palacios marcará a saída da Procesión Gloriosa da Resurrección, ás 11,00 horas, cunha comitiva que percorrerá as rúas Canteiros, Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Mosquera e Vulcano ata a antiga igrexa parroquial, retornando ao templo polas rúas Cesáreo Tizón, Aldara e Canteiros.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dous pasos serán os protagonistas desta solemne marcha: o Sagrado Corazón de Xesús e a Virxe das Dores ataviada con traxe de gloria, que estarán acompañadas pola banda de cornetas e tambores Nuestro Padre Jesús Nazareno do Ferrol. Ao remate, oficiarase na Veracruz a misa de Pascua, que pon o punto final ao programada litúrxico organizado pola Confraría de La Vera Cruz e a Parroquia de San Cibrao do Carballiño para esta Semana Santa.

Esta xornada dominical tamén será a última na que a veciñanza e visitantes terán a oportunidade de desfrutar na xirola do templo da exposición “A Paixón segundo Playmobil 3.0”, organizada pola Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil (Aesclick).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------