Expertos de cinco países darán en Expourense as claves para reducir custes enerxéticos en sectores coma os bitcoins, a viticultura ou a calefacción comunitaria

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Expourense organiza unha nova edición, e van xa 19, do Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que terá lugar o vindeiro xoves 16 de abril en sesión de mañá (de 9.45 a 14.45 h.) no recinto feiral. Esta xornada está consolidada como un foro especializado que convoca cada ano a profesionais do sector de toda Galicia dada a traxectoria e prestixio dos relatores que participan cada ano e a transcendencia das obras que realizaron.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Contará coa participación de nove arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes europeos e que proceden de España, Portugal, Dinamarca, Italia e Suíza. Está xornada está especialmente dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores e tamén ten o obxectivo de orientar a promotores e construtores no uso de enerxías renovables como vantaxe á hora de vender as súas promocións inmobiliarias.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A asistencia é gratuíta, pero precisa de inscrición previa a través da web de www.expourense.org. O XIXI Simposio sobre Enerxías Renovables está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Investigación Xeotérmica e conta co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e da Deputación Provincial de Ourense. O director de INGEO, Alfredo Fernández, destaca que

os relatores desta edición son “referencias mundiais en arquitectura sostible, enxeñería e geotermia” e que é unha excelente oportunidade para os profesionais de toda Galicia.

Esta actividade formativa foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participaron a directora territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Alicia López; o deputado de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación Provincial de Ourense, José María Lago; o director de INGEO, Alfredo Fernández; e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Programa

A xornada comezará coa presentación das Liñas de Axuda do INEGA en eficiencia enerxética e enerxías renovables que serán presentadas polo Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas e Director do Instituto Enerxético de Galicia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila.

Como é habitual, a geotermia será un dos grandes fíos condutores desta xornada na que se presentarán experiencias de éxito internacionais. Os Directora Xeral de Enerxía e Xeoloxía do Gobierno de Portugal, Carla Lourenço, acompañada por Luis Duarte (técnico superior de Dirección Xeral de Enerxía e Xeoloxía – DGEG) , falarán da importancia da enerxía xeotérmica como aposta de futuro e explicará en plan estratéxico deste tipo de enerxía en Portugal.

O presidente do Consello de Administración de Thermonet Europa, o danés Søren Skjold Andersen, dará as claves e presentará exemplos de onde se aplicou xa sobre a creación de Redes de calefacción e refrixeración autosostenibles para barrios ou comunidades denominadas Thermonets e que permiten un consumo autónomo e independente das empresas enerxéticas.

A geotermia, neste caso explicada no papel que xoga na transformación urbana, é tamén a protagonista do relatorio do Xefe de Estudos de Instalacións.

*Ármiemzaea I – FCC Construción S.A. (España), César Platero, que presentará varios casos de Instalacións de enerxía xeotérmica no sector do gran terciario poñendo como
exemplo o soterramento da Autovía A-5 (Madrid) e o caso do Mercado de Froitas de Legazpi (Madrid) reconvertido nunha infraestrutura que albergará edificios administrativos no que traballarán a diario máis de 2.500 persoas.

Tamén se impartirá un relatorio sobre o uso das enerxías renovables en sectores concretos como a arquitectura, as adegas de viño e a industria. Correrá a cargo dos italianos da empresa Geonovis DRL. De Piamonte, Giulia Caldera e Simone Pronsati. Doutra banda, o suízo Mirko Possamai, director comercial de Geothermal Systems de HakaGerodur AG/AG, falará dos límites e posibilidades Límites e posibilidades de aplicación dos distintos tipos de plástico en instalacións xeotérmicas

A xornada concluirá cunha curiosa asociación: enerxía e bitcoins. Jaime Cabelo, de “Aforrar para investir” dará as claves da “minería do bitcoin” e como optimizar a enerxía na produción de bitcoins para que as ganancias sexan maiores.

XIX SYMPOSIUM SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
📅 16 de abril – 📍 Recinto Feiral de Expourense (Ourense – Galicia)

PROGRAMA

  • 09.45 – 10.00 | Apertura Institucional.
    10.00 – 10.30 | Presentación liñas de axuda do INEGA en eficiencia enerxética e enerxías renovables.
    ou Relator: Pablo Fernández Vila. Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas. Director do Instituto Enerxético de Galicia. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.
  • 10.30 – 11.00 | A importancia da enerxía xeotérmica – unha aposta polo futuro.
    ou Relator: Carla Lourenço. Directora de Servizos de Recursos Hidroxeolóxicos e Xeotérmicos (DSRHG) – Dirección Xeral de Enerxía e Xeoloxía (DGEG). Portugal.
  • 11.00 – 11.30 | Plan estratéxico para a geotermia en Portugal continental.
    ou Relator: Luís Duarte Silva. Técnico Superior – Dirección de Servizos de Recursos Hidroxeolóxicos e Xeotérmicos (DSRHG) – Dirección Xeral de Enerxía e Xeoloxía (DGEG). Portugal.
  • 11.30 – 12.00 | Redes de Calefacción e Refrixeración para Barrios (Thermonets) en Dinamarca e Europa.
    ou Relator: Søren Skjold Andersen. Presidente do Consello de Administración – Thermonet Europe. Dinamarca.
    ☕ 12.00 – 12.15 | PAUSA CAFÉ
  • 12.15 – 13.00 | Uso das enerxías Renovables na Arquitectura, Adegas de viño e a Industria Italiana.
    ou Relatores:
     Giulia Caldera. Administración, Comunicación e Sustentabilidade – Geonovis Srl. Piamonte, Italia
     Ing. Simone Pronsati. Director Técnico – Geonovis Srl . Italia.
  • 13.00 – 13.30 | Instalacións de enerxía xeotérmica no sector do gran terciario. Caso de estudo soterramento da autovía A-5 e infraestruturas non residenciais.
    ou Relator: César Platero Salvador. Xefe de Estudos de Instalacións. Área I – FCC Construción S.A. Madrid, España.
  • 13.30 – 14.00 | Plásticos e Enerxía, Límites e Posibilidades.
    ou Relator: Mirko Possamai. Director Comercial – Geothermal Systems. HakaGerodur AG/AG. Suíza.
  • 14.00 – 14.30 | Bitcoin e enerxía: minería, eficiencia e o futuro das redes eléctricas.
    ou Relator: Jaime Cabelo. Aforrar para Investir. Illas Canarias, España.
  • 14.30 – 14.45 | Conclusións e peche.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------