O Servizo Municipal de Emerxencias de Ribadavia, integrado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), vén de presentar o seu balance de actividade correspondente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo, nos que contabilizaron un total de 184 intervencións.
Entre éstas, destacan a participación en 23 accidentes de tráfico (12 con persoas feridas); 12 incendios (vehículos, eléctricos e urbanos); 49 incidencias en estradas e vías públicas; 19 actuacións con animais e 31 intervencións por riscos e anegamentos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
En intervencións vencelladas con tarefas de apoio no ámbito sanitario, o Servizo de Emerxencias salienta 10 actuacións, incluíndo rescates, apoio ao helicóptero medicalizado, e uso de DESA, e tamén estiveron en dous operativos de busca e varias actuacións de salvamento
A apertura de portas, control da vespa velutina e operativos preventivos en eventos públicos completan a laboura desenvolta no primeiro trimestre de 2026 polos integrantes deste Servizo, ademais de participar en 22 operativos de Protección Civil, garantindo así a seguridade en eventos e situacións de risco.

















