Esta semana dúas xornadas interesantísimas en OZOCOgz.
23 de abril. Día do Libro
Ademais do tradicional desconto do 10% en cada libro que merques durante a xornada darámosche un agasallo exclusivo (terás o mesmo desconto se nos mercas por whatsapp vindo buscar o libro na tenda o día 23).
Pola tarde, a partir das 19:00 horas queremos compartir historias contigo, ven agasallarnos a todas e todos con algún parágrafo, algún verso, ou texto que queiras do teu libro preferido, do libro que máis gustaches dos últimos que levas lido.
Queremos facer unha lectura continuada co gallo do Día do Libro para iso ficas convidada / ficas convidado este 23 de abril ao espazo OZOCOgz.
Temos un pequeno agasallo só por participares.
Anímate!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
25 de abril. Día da revolução dos Cravos
Tal e como vimos facendo nos últimos anos, no espazo OZOCOgz queremos celebrar o aniversario da Revolução dos Cravos con este programa:
Presentación Literaria:
- A ditadura portuguesa contra Castelao, coa participación do autor, Antonio Iglesias Mira e de Daniel R. Cao, presidente da AC Alexandre Bóveda.
- Música:
Charla – mostra de adufe portugués con Bárbara Trabulo.
Ao final cantaremos todas e todos xuntos o Grândola Vila Morena de Zeca Afonso.
















