O Psdeg-Psoe de Ribadavia advirte que de non rectificarse as bases das axudas aos hostaleiros da vila máis do 50% deles non poderán optar as mesmas

Os socialistas critican que o goberno municipal do PP non busque o consenso co resto de forzas e aprobe as axudas correndo, pola porta de atrás e en dous días

Publicidade

O voceiro socialista, Ignacio Gómez, considera que coas bases actuais moitos hostaleiros da vila non van poder optar as axudas, algo que considera unha chapuza máis dun goberno que non pensa nas persoas

O PSdeG-PSOE de Ribadavia advirte que de non modificarse as bases das axudas a hostalería que o goberno municipal do Partido Popular pretende aprobar, unha gran parte dos hostaleiros, concretamente máis dun 50%, segundo as cifras que manexan os socialistas, non poderán optar a ditas axudas. Por este motivo dende o Grupo Municipal Socialista xa presentaron un escrito no que solicitan que se corrixa de forma urxente” as bases das liñas de axuda a hostalería.

Dende o PSdeG de Ribadavia apuntan a que estas son unhas bases aprobadas pola porta de atrás” e acusan ao goberno municipal do Partido Popular de non buscar o consenso co resto de forzas políticas, no que consideran un novo exemplo do modus operandi” dun alcalde que vai por libre e non ten en conta as opinións, ideas e aportacións do resto de formacións políticas. Os socialistas esgrimen que as bases deberían estar consensuadas” e lembran que foi precisamente o PSOE o impulsor do pacto para a aprobación dunha modificación de crédito, feita xa en maio, que impulsara este tipo de iniciativas de apoio aos sectores da hostalería, a restauración e o pequeno comercio.

O voceiro socialista en Ribadavia, Ignacio Gómez, critica a postura do grupo de goberno e critica que non se conte con nós para consensuar as bases das axudas, cando levamos dende o minuto un arrimando o ombreiro, colaboramos na modificación de crédito e impulsamos as axudas. Para o líder dos socialistas da capital do Avia, esta situación amosa que o goberno fai as cousas a presa, correndo e en dous días, polo que consideramos que as bases son moi mellorables. Gómez tamén acusa o alcalde de facer unha nova chapuza, porque se trata dunhas axudas que da maneira que están concibidas non permitirán optar as mesmas nin o 50% dos hostaleiros da vila, algo que os socialistas non imos consentir.

No escrito presentado por rexistro o PSdeG-PSOE de Ribadavia piden que se modifique a condición de excluír aos non empadroados, como actualmente acontece nas bases presentadas polo PP. Consideramos un erro esta decisión porque hai hostaleiros que poden non estar empadroados na vila, pero si o están os seus empregados e pagan os seus impostos na vila, polo que consideramos inxusto que esta xente, que é moita quede fora da liña de axudas, explica Gómez, que tamén apunta que defendemos as iniciativas que fomenten o empadroamento, pero neste momento hai que ter altura de miras” e lembra que co actual alcalde, a nosa vila ten os peores datos de empadroamento da historia.

Os socialistas tamén piden axudas que sexan progresivas e que se teñan en conta varios criterios coma son o tempo de peche dos negocios, o número de empregados ou a riqueza que xeran directamente na vila. As bases actuais non teñen en conta moitos factores e presentan tamén algunha trampa, xa que segundo apuntan dende o PSdeG en Ribadavia, outro dos requisito é estar o día nos pagos de impostos e taxas. Defendemos que todos os empresarios e veciños deben de estar o día no pago de impostos, pero consideramos que na situación actual de pandemia e restricións, hai que dar opción a esta xente que tan mal o está a pasar, apunta Ignacio Gómez. Os socialistas avogan polo fraccionamento ou aprazamento de impostos para que os hostaleiros poidan optar as axudas.

Dende o Grupo Municipal Socialista tamén critican que non se teña en conta que empresarios viven directamente da hostalería como primeira ou única actividade e cales teñen unha segunda actividade a maiores deste tipo de negocios.