O presidente da Deputación resalta o nivel do novo Goberno de Alfonso Rueda: “As administracións cooperantes coa Xunta temos postas nel moitísimas esperanzas e realidades”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar asistiu esta mañá en Santiago ao acto de toma de posesión dos conselleiros nomeados polo presidente da Xunta, ao que felicitou pola “decisión intelixente” da continuidade do “goberno máis sólido e estable de España”, coa incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Destaca o traballo entre a Deputación e a Xunta, con proxectos como o Centro de Innovación da FP, o parque acuático de Monterrei ou a conversión do Pazo Provincial nun gran hotel balneario

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu esta mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago, á toma de posesión dos conselleiros da Xunta de Galicia, nomeados polo presidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda, ao que felicitou pola “intelixente decisión” de dar continuidade ao equipo de Alberto Núñez Feijóo coa incorporación de Diego Calvo como vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Manuel Baltar resalta o nivel do equipo de conselleiros e do propio Alfonso Rueda: “Estamos a falar do goberno máis estable e sólido de España, avalado por unha amplísima maioría absoluta, con políticas, plans, que todos coñecemos, que formaron parte do programa electoral co que se presentou ás eleccións, e nos que as administracións cooperantes, neste caso coa Xunta de Galicia, temos postas non só moitísimas esperanzas senón tamén realidades”. 

Nesta liña, o presidente da Deputación destacou o traballo en marcha entre Deputación e Xunta: “Para Ourense estamos a falar da apertura, en semanas, do Centro de Innovación e Formación Profesional, en colaboración para cuestións máis de lecer, como o parque acuático de Monterrei, o desenvolvemento do plan termal con ese plan estrela que é a reconversión do edificio da Deputación nun gran hotel-balneario”. 

Proxectos que seguirán avanzando, con novas liñas de cooperación e a incorporación da área específica de Termalismo e Formación Profesional, apoiados, segundo resaltou Manuel Baltar, “cun goberno que xa está aprendido. Non tardarán nin cinco minutos en preguntar como hai que iniciar un expediente ou cal é o estado dun asunto concreto. Este goberno sabe e como dixo o ex presidente Alberto Núñez Feijóo, e repetiuno en diferentes ocasións, que era o mellor goberno que tivera por preparación, por formación, por coñecemento da dinámica do executivo e, polo tanto, moita sorte e moitos éxitos porque serán os de Ourense e os de Galicia”.