Un veciño de Cortegada falece ao quedar colgado o camión que conducía sobre o viaduto da A-52 en Melón

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un sinistro moi grave sucedeu de madrugada na autovía A-52 á altura do municipio de Melón, cando, por causas descoñecidas quedou cruzado na calzada sobre o viaduto que salva as augas do río Outeiro.

O accidente tiña lugar ás 4,46 horas deste mércores, no punto quilométrico 263,8, en sentido decrecente, cando un camión articulado fixo “a tesoira” e a súa cabeza tractora quedou colgada sobre a baranda da ponte. O conductor do vehículo, un veciños de Cortegada de 50 anos de idade, precipitouse ao baleiro e resultou falecido.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Por iste motivo, a Garda Civil de Tráfico estableceu un desvío provisional no quilómetro 282 da A-52 cara a estrada N-120 (Vigo-Madrid), de xeito que os vehículos circulantes poidan reintegrarse á mesma autovía na incorporación do quilómetro 262, en sentido decrecente.

O EIS Ourense está a instruír o correspondente atestado e dilixencias do accidente.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------