A campaña de recollida de donativos consegue a supervivencia do Festival Arteficial de Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación Cultural Arteficial anuncia que a campaña de crowdfunding en Goteo acadou o seu obxectivo mínimo na metade do prazo previsto. Tras un chamamento urxente para evitar a desaparición do festival, a comunidade respondeu en masa garantindo a vindeira edición. A campaña segue aberta para crear un fondo que garanta a continuidade nos vindeiros anos. “Lograr o mínimo en tempo récord dános estabilidade, pero queremos que Arteficial nos vindeiros anos non volva estar na corda frouxa”, sinalan desde a organización. Pódense seguir realizando achegas na súa canle oficial en Goteo – Festival Arteficial.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Como vén sendo tradición, este 20 aniversario de Arteficial refírzase a través do traballo conxunto con amigos, espazos, entidades, promotoras e colectivos culturais. Se na pasada edición de 2025 o festival camiñou da man de referentes como o Café Pop Torgal e a promotora SINSAL, este ano a rede amplíase grazas á complicidade de aliados estratéxicos como o Facela Fest, ASEARA e Abadía da Cova en Lugo; Secret Bridge, Café Cultural Auriense e Café Cultural El Pueblo en Ourense; e o festival Surfing do Lérez en Pontevedra.

Por outra banda, o festival Arteficial é finalista nos Premios Martín Códax da Música na categoría Organistrum. O prazo de votación xa está aberto para apoiar este proxecto que cumpre dúas décadas de resistencia cultural no portal oficial de Premios Martín Códax.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------