A Escola Municipal de Teatro do Carballiño presume do talento cunha mostra de final de curso este sábado

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Escola Municipal de Teatro do Carballiño despide o curso escolar 2025/2026 cunha mostra do talento do seu alumnado. Este sábado, día 30 de maio, os tres grupos do centro (infantil, iniciación e perfeccionamento) subirán ao escenario no Auditorio Municipal Manuel María para dar conta do traballo realizado durante todo o curso. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, convida á poboación a achegarse á cita teatral e destaca o importante papel da Escola Municipal. “Non só forma na arte teatral á veciñanza, senón que tamén nutre á canteira, aos máis pequenos e pequenas”, resalta.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Unha vintena de estudantes de diferentes idades participará na mostra teatral que, como cada ano, suporá o broche de ouro do curso. A mostra arrancará ás 19,30 horas coa representación de “Axencia de detectives” a cargo dos máis pequenos da Escola. A continuación, será a quenda do grupo de iniciación con “A Casa Encantada”, na que os protagonistas terán que resolver probas para poder saír da casa, e por último, o grupo de perfeccionamento representará “Hai algún autor na sala? (Jean Pierre Martínez)”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------