O presidente provincial, Luis Menor, destacou hoxe, no acto de entrega das chaves aos arrendatarios destas vivendas, que esta iniciativa transforma o patrimonio ferroviario “en proxectos de vida e en políticas de vivenda para afrontar, entre todos, o reto demográfico”
Esta iniciativa supón un paso máis na estratexia provincial por dinamizar o rural e ofrecer alternativas habitacionais de calidade
A Mezquita, 1 de xuño de 2026.
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, entrega tres novas vivendas de alugueiro, ubicadas na antiga estación de ferrocarril de Vilavella, para fixar poboación no rural. O presidente provincial, Luis Menor e o presidente do Inorde, participaron hoxe no acto de entrega das chaves aos novos arrendatarios destas vivendas. Esta iniciativa supón un paso máis na estratexia provincial por dinamizar o rural e ofrecer alternativas habitacionais de calidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Na súa intervención, Luis Menor destacou hoxe que esta iniciativa transforma o patrimonio ferroviario “en proxectos de vida e en políticas de vivenda para afrontar, entre todos, o reto demográfico”.
Esta recuperación do patrimonio público xa foi iniciada no ano 2008 ao abeiro do proxecto europeo “Estaciones Vivas”, promovido polo Inorde para a posta en valor de estacións de tren da provincia. Así mesmo, a través do contrato de alugueiro que o Inorde mantén con ADIF ata o ano 2030, garántese a estabilidade e a continuidade deste complexo residencial.
O presidente sinalou que estas catro edificacións, que suman un total de oito vivendas, son o exemplo perfecto “do que se pode facer noutros lugares con políticas reais e utis que son as que precisan o rural”. Coa incorporación destas tres novas familias, o complexo de Vilavella consolida a súa ocupación con catro vivendas que xa contan con arrendatarios desde hai anos, unha vivenda que está cedida ao Concello da Mezquita para atender emerxencias sociais e agora con estas tres vivendas estarán todas elas ocupadas a partir do vindeiro 1 de xuño.
Neste sentido, o presidente provincial lembrou que unha das maiores preocupacións actuais tamén en Ourense é “a vivenda”, por elo, desde a Deputación de Ourense, co apoio unánime de todos os grupos políticos alí representados, “sacamos adiante o primeiro Plan de Vivenda que, tralo éxito que tivo, decidimos reforzar nesta segunda edición incremento a súa partida orzamentaria ata os 1.200.000 euros”, dixo Menor.
Así mesmo, manifestou a súa visión optimista sobre a pirámide poboacional na provincia que, coa chegada de xente doutros lugares, logramos investir a súa tendencia “subindo unha media de mi veciño cada ano, logrando así un saldo positivo”.

















