O Día Mundial do Medio Ambiente desafíanos a nivel global co lema “¡Por o clima xa!”.
En Sandiás non nos quedamos de brazos cruzados e respondemos a esta chamada de urxencia climática coas botas postas. O noso concello pon en marcha un ano máis a campaña colaborativa “Á Caza do Lixo polos montes e aldeas”.
Concienciar e mobilizar aos veciñ@s do Concello cunha acción no Día do Medio Ambiente
O Concello de Sandiás, ven de por en marcha a octava campaña con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que tivo por finalidade concienciar e mobilizar aos veciños para manter de forma colaborativa as contornas libres de lixo. A campaña leva por título “Á caza do lixo”. Unha das accións foi revisar determinados puntos de acumulación de lixo maior e levalos ao punto limpo máis próximo.
500 quilogramos en grandes puntos de lixo
Un ano máis, na mañá do sábado 6 de xuño, celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente, para recoller o lixo dos montes, chairas e rúas. Recolléronse, aproximadamente, 500 quilogramos de rodas, plásticos, cordas, cadeiras de madeira, esparto, sillas, bidóns, cristais, mangueiras, botes de pintura, madeiras, colchóns, partes de coches, sulfatadoras, láminas de metal e outros restos de material orgánico. Os restos foron trasladados aos puntos limpos de Xinzo de Limia. Utilizouse para a tarefa de recollida un kit de limpeza aportado polo Concello consistente nun par de luvas, bolsas para o lixo e dous vehículos, un deles con remolque.
Seguimos despois de oito anos coa labor de facer pedagoxía ecolóxica
Aínda queda un longo percorrido na labor de facer pedagoxía e toma de conciencia por parte de todos, pero sabemos por onde temos que camiñar e persistir. Este pequeno xesto seguirase a facer nos próximos anos, xa que é unha acción que non custa, máis ben enorgullece, suma e, sobre todo, axuda a manter limpo o lugar onde vivimos.
A nosa obriga é colaborar e sensibilizar facendo pequenas accións. Non está de máis recordar que manter limpas as rúas, os parques, os xardíns, o río e os montes tamén é unha obriga da veciñanza, non só do Concello e das empresas encargadas de recoller o lixo. Neste sentido, vanse notando melloras cada ano nas contornas das aldeas e das propias casas pero aínda e insuficiente e invitamos a veciñanza a mellorar neste eido tan vital para a nosa calidade de vida.
Recordo dos lugares dos puntos limpos e dos horarios
Pequenos xestos axudan a sensibilizar nunha conciencia ecolóxica que promova o coidadoe respecto polo noso medio natural. Para continuar o camiño cara a unha concienciación social lembramos o do punto móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao concello ( 988 46 50 01) e dos da Comarca da Limia para que ninguén do concello e da comarca teña descoñecemento destes servizos e faga uso deles.
Horario xeral:
Mañá: 10:00 a 14:00
Tarde:
Inverno: 16:00 a 18:30
Verán (xuño a setembro): 18:00 a 20:30
Sábados: 09:00 a 14:00
Días de apertura:
Xinzo de Limia: luns, mércores, venres e sábado + martes e xoves pola tarde
Vilar de Santos: martes pola mañá
Calvos de Randín: xoves pola mañá
















