A autovía A-52 (Madrid-Vigo) foi escenario doutro accidente mortal a primeira hora da mañá, ao colisionar un vehículo de transporte lixeiro cunha motocicleta.
O accidente ocorría ás 7,55 horas no punto quilométrico 254 da autovía, no termo municipal de Ribadavia, cando unha furgoneta chocaba por detrás cunha moto que circulaba polo seu mesmo carril. Como consecuencia, o vehículo de dúas rodas saía despedido pola marxe dereita da calzada, resultando falecido o seu piloto.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
(Ampliaranse datos ao longo da mañá)

















