O grupo municipal de Espazo Común, tal e como xa había anunciado na sesión plenaria da Corporación do pasado venres, rexistrou, onte domingo, na Sede Electrónica do Concello do Carballiño a solicitude, asinada polos seus cinco concelleiros, dun pleno extraordinario para debater e buscar solucións á brutal suba dos recibos da auga. O voto negativo de tódolos concelleiros de PP e PSOE á posibilidade de tratar este tema no pleno do pasado venres, moveu a este grupo da oposición a dar este paso, de xeito que queda así obrigado o alcalde á súa convocatoria nos prazos máximos que marca a lei.
Para Espazo Común, o comportamento de socialistas e populares “resulta moi ilustrativo de como gobernan estes dous partidos, que están a facer moito dano a este pobo coas súas decisións. Ante a tremenda indignación veciñal e o enfado masivo dos que van abrindo os recibos con subas que en moitos casos superan o 100 %, eles deciden empregar a súa maioría absoluta por acumulación para negarse a dar ningunha explicación. Nin tan sequera para tratar unha moción que aporta solucións coas que acadar rebaixar os importes que se lles están a imputar aos cidadáns”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Dende Espazo Común animan a tódolos veciños e veciñas preocupados e que queiran coñecer de primeira mán as explicacións duns e doutros a que asistan a esa sesión plenaria que só queda pendente de cando decida fixala o goberno municipal de PP e PSOE.

















