O Concello de Boborás acollerá o vindeiro luns, 29 de xuño, unha reunión aberta á veciñanza para recoller propostas e ideas de cara á redacción da Axenda Urbana da Área Funcional do Carballiño, un proxecto no que están implicados tamén os concellos do Carballiño, San Cristovo de Cea, Piñor e Maside.
Este documento servirá para definir as liñas de futuro do concello e establecer prioridades en ámbitos como os servizos, as necesidades das parroquias, os proxectos municipais ou as actuacións que poidan optar a futuras subvencións e investimentos.
A reunión está dirixida a entidades culturais, musicais e deportivas, comunidades de montes, empresas, asociacións, persoas autónomas e a calquera veciño ou veciña que queira participar e achegar a súa visión sobre o futuro de Boborás.
A xornada terá lugar o luns, 29 de xuño, de 19,00 a 20,30 horas, no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas, situado detrás do colexio de Boborás.










