Máis de 50 nenas e nenos desfrutaron do ‘Depor Campus’, clausurado con éxito en Maside

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O campo de Outeiro Grande, en Maside, acolleu hoxe a clausura da sétima edición do ‘Depor Campus’, que organizan as Escolas Deportivas Terras de Maside e o Real Club Deportivo da Coruña e que se veu desenvolvendo dende o pasado luns, 22 de xuño, coa participación de máis de 50 nenas e nenos de 6 a 14 anos de idade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O ‘Depor Campus’ de Maside ten coma principais obxectivos a aprendizaxe e desenvolvemento da coordinación a través de xogos e as habilidades e conceptos vencellados co corpo e o balón, e sempre transmitindo os valores que representa o Real Club Deportivo da Coruña: respeto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------