Raposa abrirá o vindeiro xoves o sexto ciclo de ‘Catas Sonoras’ no Museo do Viño de Galicia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa edición número seis, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo. Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a súa sesión parolando distendidamente con quen nos acompaña ou con quen coincidamos neste programa musical.

O ciclo abrirase o vindeiro xoves, 2 de xullo, coa actuación de Raposa, e continuará unha semana despois, o día 9, con Abril Fado Atlántico, reservándose para o mes de agosto The Blues Moonshines, o día 6, e Paulo Pascual, o día 27, data de clausura desta programación.

Os concertos terán lugar a partir das 21,00 horas no patio exterior do Museo, agás o último, que será no interior. A entrada é totalmente libre ata que se complete o aforo, que é limitado.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------